Mentres hai vida hai esperanza para un Marín que se nega a botar a toalla e segue pelexando por salvar a categoría na Rexional Preferente.
Os de Toño Lodeiro lograron rescatar un punto ante un dos máximos candidatos ao ascenso, o Xuventú Sanxenxo, malia que os amarelos se adiantaron no marcador co tanto de Diego Blanco (minuto 47) e malia rematar o encontro con oito xogadores polas expulsións de Dani e Fumero e a lesión de Villaverde.
O tanto de André no minuto 74, xa con 10 xogadores, supuxo a igualada final nun polémico encontro e a certificación dunha oportunidade perdida para un Sanxenxo que se mantén en segunda posición pero que deixa escapar a posibilidade de abrir brecha cos seus perseguidores.
MARÍN CF (1): Pablo, Javi Doce, Agus, Fumero, Tinaia, Romero, André, Dani, Villaverde, Marcos (Cristian, min.64), Borja (Joaquín, min.64).
XUVENTÿ SANXENXO (1): Vladimir, Dario (Nel, min.45), Suso, Fiti, Alfonso, Zalo (Álex Galdames, min.76), Suso, Diego Blanco (Diego Vidal, min.63), Cañi, Minso, Curri, Cuchi
Árbitro: Garitaonaindía Díaz (A Coruña). Amoestou aos locais Javi Doce, Fumero, André, Tinaia, Villaverde, Borja e Cristian e aos visitantes Cuchi, Suso e Nel. Expulsou por vermello directo no Marín ao seu segundo adestrador (min.39), ao futbolista suplente Manuel (min.38), a Dani (min.70) e a Fumero (min.89).
Goles: 0-1 Diego Blanco, min.47; 1-1 André, min.74.
Incidencias: Partido disputado no Estadio de San Pedro, Marín.