O Marín Futsal supera o Sala Zaragoza nun duelo vital pola permanencia (3-1)

Marín
02 de abril 2022

O Marín Futsal segue de doce despois de superar a un rival directo pola permanencia como o Sala Zaragoza. O Pavillón da Raña acolleu o duelo de máxima tensión no que ambos os conxuntos o xogaban todo, ou case todo, se querían ter aspiracións de manterse na máxima categoría do futbol sala feminino

Partido de liga en A Raña entre Marín Futsal e Ourense Envialia
Partido de liga en A Raña entre Marín Futsal e Ourense Envialia /

O Marín Futsal segue de doce despois de superar a un rival directo pola permanencia como o Sala Zaragoza. O Pavillón da Raña acolleu o duelo de máxima tensión no que ambos os conxuntos xogaban moitas das súas aspiracións de manterse na máxima categoría do futbol sala feminino.

Avisaron nada máis comezar o encontro Café para as locais e Antía para as visitantes con senllas ocasións coas que puideron adiantar ao seu equipo, pero foi a primeira a que non fallou aos seis minutos de xogo. A goleadora marinense superou nun man a man a Ana Etayo despois dunha boa xogada persoal de Ceci na que se foi de dúas dos seus opoñentes.

Tentou reaccionar o Zaragoza facendo rotacións pero non estaba acertado, mentres que o Marín poñía terra polo medio nunha contra na que Gaby bateu a Etayo cun remate picado.

Xa ao fío do descanso, o cadro aragonés recortou distancias cun tanto de Rapha Martins cun disparo desde a frontal que supuxo o 2-1 co que se chegou ao intermedio.

O Marín seguiu dominando o xogo no segundo tempo aínda que sen atopar o camiño ao gol. Mentres, as visitantes aumentaban a súa presión en busca dun roubo de balón co que superar a Silvia Aguete. Pero lonxe diso, foi o cadro marinense o que aproveitou unha xogada de estratexia para ampliar a súa renda. Así, grazas a un tanto de Mar Fernández tras desviar un centro chute de Pau, o Marín anotou o 3-1 co que concluíu o duelo. 

Aínda que nos últimos compases o Zaragoza optou por xogo de cinco con Rapha Martins en busca dunha última reacción, foi o Marín o que tivo a xogada máis clara cun dez metros lanzado por Marta Gago. Finalmente, 3-1 e vitoria en grao sumo importante para as galegas.

MARÍN FS (3): Silvia Aguete; Ceci, Café , María León e Pau (quinteto inicial). Tamén xogaron, Gaby, Adriana, Lucía, Mar Fernández, Inés Mayán, Dani Fleitas, Marta Gago,

SALA ZARAGOZA (1): Ana Etayo; Antía, Carmen Alonso, Rapha Martins e Laura Boix (quinteto inicial). Tamén xogaron, Furia, Giba e Mirian.

Goles: 1-0, min. 6 Café. 2-0, min. 10 Gaby. 2-1, min. 20 Rapha Martins. 3-1, min. 32 Mar Fernández.

Incidencias: A Raña. Colexiados, Roberto Amor Vizoso e Borja Darriba Villamor. Amoestaron a Ceci, Café, no Marín FS e Carmen Alonso no Sala Zaragoza