O Marín Futsal quere seguir coa súa boa serie en Ourense e o Poio Pescamar busca recuperar sensacións na Seca

Marín
23 de setembro 2022

Marín Futsal e Poio Pescamar afrontan este sábado a terceira xornada de liga, na que se medirán, respectivamente, a Ourense Envialia e Móstoles, dous equipos que aínda non saben o que é gañar esta tempada  

Partido entre Marín Futsal e Leganés na Raña
Partido entre Marín Futsal e Leganés na Raña /

Marín Futsal e Poio Pescamar afrontan este sábado a terceira xornada de liga, na que se medirán, respectivamente, a Ourense Envialia e Móstoles, dous equipos que aínda non saben o que é gañar esta tempada.

As de Ramiro Díaz chegan ao primeiro derbi galego da tempada coa moral polas nubes tras conseguir dúas goleadas consecutivas, a primeira a domicilio contra o Sala Zaragoza e a segunda diante da súa afección fronte ao Leganés.

Pero o cadro marinense, co obxectivo de seguir coa súa boa serie, terá diante a un Ourense Envialia que será "difícil de dobregar" e que nas súas filas ten "xogadoras experimentadas e outras mozas con moito gol". O partido disputarase a partir das 17:00 horas no Pavillón dos Remedios.

Pola súa banda, o conxunto conserveiro recibirá na Seca aoMóstoles a partir das 18:30 horas, onde buscará conseguir a súa segunda vitoria da tempada.

As de Luís López-Tulla caeron a pasada xornada contra o Atlético Navalcarnero e queren recuperar as boas sensacións da primeira xornada onde, ante a súa afección, dobregaron ao Joventut d'Elx. 

Os dous partidos da liga poderán seguirse a través dapáxina web da RFEF e de Live Vuvuzela, compañía encargada de producir o sinal televisivo.