O Marín Futsal inicia a súa rolda de amigables de pretemporada con derrota. Un gol de Sara Moreno a falta de 55 segundos significou o triunfo para o Ourense Envialia no partido disputado no pavillón dos Remedios.
A pesar do resultado (5-4), as visitantes regresaron a casa con boas sensacións. As de Ramiro López fixeron gala dunha gran intensidade tanto en defensa como en ataque.
Ademais, foron capaces de sobrepoñerse ao tanto inicial das locais e mesmo de igualar un 4-2 en contra a falta de sete minutos. Con todo, xa non puideron repoñerse ao golpe definitivo das ourensás no último minuto de xogo.
Pero aínda máis doloroso que a derrota foi a escordadura de nocello sufrido pola recentemente fichada Ale de Paz.