O Marín Futsal xa ten blindada a súa portería e afrontará a súa cuarta tempada consecutiva na elite do fútbol sala feminino español con dúas grandes xogadoras baixo paus.
E é que á xa confirmada renovación de Patri Arruti sumouse a da súa compañeira de posición Ana Pinto.
A porteira portuguesa chegou ás filas do club marinense o verán pasado, procedente do Inter SC Evora de Portugal e campioa do Mundial Universitario, converténdose ás ordes de Ramiro Díaz nunha peza importante á hora de lograr a permanencia en Primeira División.
Trátase da terceira renovación do Marín Futsal tras as de Gi Portes e Arruti. Causan baixa, pola contra, Carolina Pedreira e Débora Lavrador, ademais do adestrador Ramiro Díaz.