Coa tempada xa en marcha e tras iniciar a liga con triunfo en casa, o Marín Futsal deu a coñecer a súa nova campaña de abonados para o curso 24-25.
"É un sentimento, súmaste?' é o lema elixido para a captación de socios, cun carné que permitirá presenciar todos os partidos do primeiro equipo feminino de Primeira División así como do masculino que milita na Terceira RFEF.
No que respecta ao público adulto, a cota para as novas altas fixouse en 50 euros, con 45 euros para as renovacións e 40 euros cun desconto no caso de achegar un novo socio.
Os menores de idade pola súa banda deberán abonar 20 euros para as novas altas e 15 para as renovacións, mentres que o abono familiar custará 75 e 65 euros respectivamente (dous adultos) e o abono empresa 150 euros. Por últimos os irmáns ou pais de xogadores terán unha cota de 20 euros (25 na categoría familiar).
Os abonos poden formalizarse a través da páxina do Marín Futsal na aplicación Cluber.
https://t.co/O8iqXEMfsc#
— Marín Futsal (@marin_futsal) September 10, 2024
#xuntadegalicia#concellodemarin#enceplansocialpontevedra#deputaciondepontevedra#deportegalego#non#abancapic.twitter.com/DLui4stdJZ