O Marín Futsal pon a primeira pedra para o seu segundo ano na elite do fútbol sala feminino coa renovación da súa capitá Pau García.
A xogadora amplía o seu contrato por unha tempada máis e seguirá sendo un dos piares do primeiro equipo da Raña.
A través dunha mensaxe nas redes sociais da entidade morracense, fixeron saber á capitá que "estamos moi contentos de que continúes connosco e sigas achegando ao crecemento do equipo e do club".
Doutra banda, o club xa fixo oficial hai uns días a marcha do adestrador Raúl Jiménez, que logrou o ascenso e a permanencia na Primeira División.