O Marín Club de Fútbol abriu un proceso electoral á presidencia da entidade, tras a renuncia ao cargo do seu anterior dirixente, Gaspar Pérez.
Esta situación dáse só unhas semanas despois de pechar a tempada co ascenso do seu primeiro equipo a Primeira Rexional.
A xunta xestora designada para levar momentaneamente o peso do club acordou abrir o período electoral, sendo posible formalizar a presentación de candidaturas ata o próximo 3 de xullo.
No caso de haber candidado ou candidatos, as eleccións ou proclamación do novo dirixente se levará a cabo nunha Asemblea Xeral Extraordinaria que foi convocada para o xoves día 4 de xullo.
As candidaturas poden presentarse a través do correo electrónico marinclubfutbol@gmail.com.