O Mareantes leva o derbi ante o Pontevedra Rugby Club no último minuto (17-16)

Pontevedra
28 de outubro 2014

Grande ambiente no campo de Monte Porreiro para ver un encontro que se caracterizou por unha tremenda igualdade

Partido entre o Mareantes e o Pontevedra RC no campo de Monte Porreiro
Partido entre o Mareantes e o Pontevedra RC no campo de Monte Porreiro / Diego Torrado

Monte Porreiro foi escenario o pasado sábado da festa do rugby pontevedrés, un derbi entre Mareantes e Pontevedra Rugby Club que estivo marcado pola igualdade e que se levou o equipo local, neste caso Mareantes, nun final de infarto (17-16).

Cun grande ambiente nas bancadas e intensidade no terreo de xogo, ambos os dous equipos empregáronse a fondo nun encontro que empezou sendo dominado polo Mareantes.

Os pupilos de Morty dominaron a primeira parte, na que se adiantaron cun ensaio de Punti transformado por Driss.

Co 7-0 chegouse ao descanso ante a falta de acerto nos metros finais de ambos os dous equipos, pero na segunda metade o guión cambiou cun PRC que buscaba a remontada.

Lográrono os visitantes cun ensaio de Chami, outro de Gonzalo e dous golpes de castigo, pero o Mareantes recompúxose e nuns vibrantes minutos finais volveu voltear o marcador con dous ensaios de Nathan e Cris, o último a pouco máis dun minuto para a conclusión.

Este resultado deixa ao Mareantes con oito puntos na terceira posición da táboa, co Pontevedra Rugby Club cuarto con seis puntos.

MAREANTES RCP (17): Quebra, Baltar, Brenno, Balonmano, Lanchas, Irago, Paddy, Nathan, Punti (c), Guille, Quique, Driss, Jaime, Méndez, Iago, Güimil, Sancho, Nomo, Maga, Cris.

PONTEVEDRA RUGBY CLUB (16): Alvarito, Antonio, César, Chami, Felipe, Juan, Hache, Petao, ÿscar, Wachu, Samu, Rubén, Jorge Mumary, Gonzalo, Calvo, Rumano, Colacau, Fran, Chema, Grifón, Viñas, Luso, Mito.