O Pavillón Municipal dos Deportes acolleu, durante a mañá do domingo, o Campionato de España de Exhibición de Taekwondo organizado polo Mace Sport pontevedrés.
Desde as 10:00 horas, dez equipos das categorías infantil, cadete e sénior déronse cita no tapiz do Municipal para pechar o ano demostrando as súas habilidades nese deporte.
En canto á clasificación, na categoría sénior, o club pontevedrés conseguiu unha segunda posición ao quedar por detrás do Club Tao de Vigo, campión en todos os niveis.
En cadetes, de novo o club vigués quedou en primeiro lugar, seguido do Olimpic de Villagarcía campión no combate de desempate fronte ao Mace Sport, que quedou terceiro.
Pola súa banda, os infantís de Pontevedra non lograron entrar no podio, mentres que o Tao de Vigo volvía lograr o primeiro posto, seguido do Tao de Coruña e do Olimpic de Villagarcía.