Bo partido do Leis Pontevedra ante o segundo clasificado da Segunda División B, o Albense (4-4), no Pavillón Municipal dos Deportes.
Os pontevedreses renderon a un alto nivel e chegaron a gozar de dous tantos de vantaxe, pero non puideron aguantar no tramo final e tivéronse que conformar co empate no último minuto.
Na primeira parte, as forzas entre os dous equipos estiveron moi igualadas, e o marcador non se abriu ata o último minuto no que o Albense conseguía poñerse por diante.
Na renudación os de Manu Cossío saíron con ganas de darlle a volta ao marcador e en apenas seis minutos lográrono con goles de Berto, Sancho e Sergio. Con todo os visitantes recortaron distancias moi rápido e tan só tres minutos despois, conseguían o empate.
A falta de 4 minutos Borja poñía de novo por diante ao Leis, pero cando o tempo esgotábase o Albense facía valer a superioridade en ataque co porteiro-xogador para facer o definitivo 4-4.
O empate deha ao Leis Pontevedra na décima posición con 7 puntos.