O Leis comezará a liga o 24 de outubro fronte ao Cidade de Narón

Pontevedra
23 de setembro 2020

Os pontevedreses estrearán a tempada na Segunda División B masculina de fútbol sala cun partido na casa. A primeira fase da competición prolongarase ata o 13 de marzo

Primeiro adestramento do Leis para preparar o  play- off de ascenso a Segunda
Primeiro adestramento do Leis para preparar o play- off de ascenso a Segunda / Mónica Patxot

A Real Federación Española de Fútbol deu a coñecer o calendario de competición da Segunda División B masculina de fútbol sala,na que milita o Leis Pontevedra.

Tras xogar o pasado curso o play-off de ascenso, os pontevedreses parten con aspiracións nunha competición que se reformula, cun subgrupo na súa primeira fase de 10 equipos na que só contarán con rivais de Galicia.

A liga dará comezo finalmente o 24 de outubro, segundo establece o citado calendario, e farao cun partido na casa para o Leis fronte ao Cidade de Narón.

Unha semana despois chegará o primeiro desprazamento (31 de outubro) para xogar na pista do recentemente ascendido A Estrada Futsal.

A primeira fase da liga, en formato de ida e volta, está previsto que se prolongue ata o 13 de marzo, data da última xornada do subgrupo 1 B no que quedaron encadrados os clubs galegos.

No que respecta ao Leis, ese último partido da fase inicial xogarao tamén na casa contra o Club Ribeira Fútbol sala.

Consulta o calendario completo do subgrupo 1 B da Segunda División B de fútbol sala.