O Laracha golea (5-2) e deixa as posibilidades de ascenso do Portonovo moi minguadas

Sanxenxo
27 de maio 2013

O Laracha estivo máis metido no partido e levou sempre a iniciativa. Os 10 últimos minutos foron fatais para os arlequinados que encaixaron os dous últimos goles e teñen moi costa arriba a eliminatoria e o ascenso

Falta de motivación ou decepción por non alcanzar o ascenso directo. O certo é que a promoción de cuartos clasificados en busca dunha hipotética praza de ascenso a Terceira División pode rematar nun novo revés para un Portonovo que tras o partido de ida disputado en Laracha terá que facer un milagre ou esperar que os catro equipo galegos que disputan play-off consigan dar o salto a Segunda B.

O Laracha estivo máis metido no partido e levou sempre a iniciativa. A pesar diso a primeira parte foi nivelada e non sería ata os primeiros compases da reanudación cando os locais lograrían canalizar o marcador. O Portonovo conseguiu reaccionar recortando diferenzas, pero os 10 últimos minutos foron fatais para os arlequinados, encaixando dous novos goles que deixan a eliminatoria pendente dunha complicada remontada en Baltar.

LARACHA, C.F. (5): Dani, Jorge, Fandiño, Javi Villar, Josiño (Edu, min. 66), Dani Bea (Santi Bouza, min. 88), Brais, Kevin (Iago, min. 71), Rebolo, Carlos e Andrés.

PORTONOVO, C.F. (2): Marcos, Caste, Bolo, Iván, Martín Camiña (Marcos Camiña, min. 75), Suso Bea (Iván, min. 83), Víctor, Gándara, Manu Sieiro (Martín, min. 68), Cubas e Angelillo (Marcos Branco, min. 83).

Árbitro: Quintela Baluja (Santiago). Amoestou a Josiño, Kevin e Marcos Blanco.

Goles: (1-0) Minuto28: Andrés. (1-1) Minuto 41: Cubas. (2-1) Minuto 48: Brais. (3-1) Minuto 58: Dani Bea. (3-2) Minuto 65: Martín Camiña. (4-2) Minuto 79: Iago. (5-2) Minuto 89: Edu.

Incidencias: Campo Municipal Laracha.