Catro deportistas, ademais de dous adestradores, do Judo Club Pontevedra - Squash Vilagarcía participaron no Campionato Galego Senior celebrado na Malata, Ferrol.
O club pontevedrés mostrou na cidade deprtamental o seu potencial e conseguiu subir ao podio nunha ocasión, coa medalla de bronce lograda por Juan Alberto Rodríguez en +100 quilos a pesar de competir desde o seu primeiro combate con dor nas costelas.
Tamén participaron en Ferrol Uxía Domato, cun quinto posto en -63 quilos, Alberto Guimeráns, que cedeu en oitavos de final de -90 quilos, e Luis Gentico, que caeu nos cuartos de final de -73 quilos.
O próximo reto de Judo Pontevedra céntrase nas categorías de base, concretamente no Campionato Galego Infantil e Cadete.