Bo papel do Judo Club Pontevedra no Campionato Galego Absoluto celebrado durante a fin de semana no pavillón ferrolán de Esteiro.
Uxía Domato logrou o mellor resultado do club pontevedrés ao conseguir a medalla de bronce na categoría de -63 quilos.
A deportista pontevedresa gañou o seu primeiro combate pero perdeu na semifinal tendo que ir á repesca, onde progresou para alcanzar efinalmente o terceiro chanzo do podio.
O Judo Club Pontevedra desprazou á cita a outros tres deportistas con sorte dispar.
Juan Alberto Rodríguez chegou ata as semifinais pero tívose que conformar co quinto posto na categoría de +100 quilos, o meu entras Adrián Rodríguez e Luís Gentico caeron en primeira e segunda rolda respectivamente no peso de -73 quilos.