O Dicsa Modular Cisne acaba de incorporar ao seu persoal e ata final de tempada ao xogador Oleksandr Nekrushet. O lateral esquerdo de 22 anos e de orixe ucraína-portugués chega cedido ao conxunto branco para suplir a baixa de David Chapela.
Procedente do Balonmán Bada Huesca, o lateral tamén xogou no Arsenal da Devesa e en Ada/Ismai, ademais de contar cunha traxectoria de 40 partidos internacionais.
En 2015-2016 xogou a Challenge Cup con ABC Uminho Braga co que foi campión e dous anos despois alcanzou as semifinais na mesma competición con Madeira Sad.
Ademais, o ucraíno-portugués tamén disputou dous campionatos de Europa, un Sub-18 e outro Sub-20, ademais dun campionato do mundo no Sub-19 onde alcanzou a sétima posición.
Segundo anunciou o Cisne, o lateral esquerdo poderá adestrar cos seus compañeiros este mesmo luns.