O Guijuelo, primeiro rival do Pontevedra no seu regreso á Segunda División B

Pontevedra
16 de xullo 2015

A Real Federación Española de Fútbol fixo público este xoves o calendario de competición de Segunda B para a próxima tempada. Dous días despois de que a asemblea ratificase a composición dos grupos, o Pontevedra coñeceu a orde na que se enfrontará aos seus rivais no grupo I. O primeiro será o Guijuelo, equipo castelán leonés que visitará Pasarón o 23 de agosto.

Partido Pontevedra CF - Haro Deportivo
Partido Pontevedra CF - Haro Deportivo / Diego Torrado

A Real Federación Española de Fútbol fixo público este xoves o calendario de competición de Segunda B para a próxima tempada. Dous días despois de que a asemblea ratificase a composición dos grupos, o Pontevedra coñeceu a orde na que se enfrontará aos seus rivais no grupo I. O primeiro será o Guijuelo, equipo castelán leonés que visitará Pasarón o 23 de agosto.

O primeiro desprazamento dos homes de Luisito chegará unha semana despois, o 30 de agosto. O seu destino será Estremadura. Alí enfrontaranse ao Cacereño e terán que lidar coas altas temperaturas que, tradicionalmente, adoita haber nesas datas na rexión. Tudelano (casa), Lealtad (fóra) e o primeiro derby ante o Compostela (casa) pecharán o primeiro mes de competición para os granates.

Ademais deste duelo fraticida do 20 de setembro (a volta será o 7 de febreiro), o Pontevedra afrontará outros cinco derbys. A semana seguinte viaxará a Ferrol para enfrontarse ao Rácing, visita que devolverán a Pasarón o 14 de febreiro. Coruxo (4 de outubro na casa e 21 de febreiro fóra), Celta de Vigo B (29 de novembro fóra e 17 de abril na casa) e Somozas (6 de decembro na casa e 24 de abril fóra) completan os duelos galegos.

O último partido da tempada será en Burgos, ao que o Pontevedra recibirá o 15 de maio en Pasarón. Será o mesmo encontro, aínda que en terras castelás, co que despedirán a primeira volta da competición, o 3 de xaneiro.

O calendario completo do grupo I da Segunda B pódese consultar neste enlace.