O Grove valora as actividades deportivas ao aire libre como "un atractivo para a vila"

O Salnés
15 de agosto 2020

O  Concello do Grove, na procura por recuperar certa normalidade na práctica deportiva a pesar das limitacións de seguridade con motivo da pandemia pola Covid-19, deseñou para este verán un programa de actividades deportivas gratuítas ao aire libre

Actividades deportivas ao aire libre
Actividades deportivas ao aire libre / Concello de O Grove

O Concello do Grove, na procura por recuperar certa normalidade na práctica deportiva a pesar das limitacións de seguridade con motivo da pandemia pola Covid-19, deseñou para este verán un programa de actividades deportivas gratuítas ao aire libre.

Entre elas atópanse as clases de zumba e body  jump que se celebran a diario na praza do Corgo e que "foron aos poucos espertando o interese de veciñanza e visitantes", indican desde o  Concello. "Chaman a atención de quen se achega pola zona", por iso "na actualidade contan cun amplo número de participantes".

Desta maneira, desde o  Concello do Grove lembran que, ademais destas opcións, tamén se ofrecen roteiros de sendeirismo ou clases de pádel, cumprindo coas condicións hixiénico-sanitarias pertinentes, e que, a pesar destas limitacións, é importante manter a práctica deportiva, xa que contribúe á mellora da saúde.