O Galaico Sincro presume de dobre medalla no Campionato de España Alevín

Pontevedra
11 de xullo 2022

O club pontevedrés desprazouse a fin de semana ata Mallorca para tomar parte do campionato nacional de promoción en categoría alevín

Equipo do Galaico Sincro no Campionato de España de Promoción
Equipo do Galaico Sincro no Campionato de España de Promoción / Club Galaico Sincro

Dúas medallas é o balance do Club Galaico Sincro no Campionato de España Alevín de Promoción que se celebrou durante a fin de semana en Mallorca.

Ata a capital balear desprazouse unha ampla representación da entidade pontevedresa para medirse a deportistas doutros 41 clubs chegados desde toda a xeografía nacional.

Clara Maquiera sumou a primeira medalla na xornada inicial cun bronce en figuras. Xunto a ela competiron Carolina Pazos, Deva Alonso, Emma Fernández, Iria Riveiro, Luana Pariente, Lucía Riveiro, Maira Pariente, María Ferreiro, Mariña Calvo, Sofía Abal e Iván González.

A guinda puxérona na segunda xornada Clara Maquieira e Iván González no dúo mixto, competindo con outros 8 equipos para lograr a medalla de prata.

Por último nas rutinas combinadas o Galaico Sincro, co combo formado por Carolina Pazos, Clara Maquieira, Deva Alonso, Emma Fernández, Iria Riveiro, Luana Pariente, Lucía Riveiro, Maira Pariente, María Ferreiro, Mariña Calvo, Sofía Abal e Iván González conseguirían un notable posto 16.

Na clasificación final por equipos o representante pontevedrés acabou no posto 20.