O Galaico Sincro, mellor club do Campionato Galego de Inverno

Pontevedra
11 de marzo 2019

A piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños foi escenario do Campionato Galego de Inverno de Nivel de Natación Artística

Podio do Campionato Galego de Inverno de Natación Artística
Podio do Campionato Galego de Inverno de Natación Artística / Federación Galega de Natación

Dominio local no Campionato Galego de Inverno de Nivel de Natación Artística celebrado a fin de semana no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños.

O Club Galaico Sincro pontevedrés liderou a clasificación final por equipos por diante do Sincro Ourense e o RCN Vigo, segundo e terceiro respectivamente.

Pola súa banda o Natación Sincronizada Pontevedra concluíu no cuarto lugar e pecharon a táboa Portamiña de Lugo e Sincro Ferrol.

Na piscina olímpica déronse cita durante dúas xornadas un total de 128 nadadoras dos citados 6 clubs, para unha cita que servía de test para o Campionato de España que se celebrará a final de mes.