O Galaico lanza un concurso de debuxo para os seus nadadores máis pequenos

Pontevedra
01 de abril 2020

O club de natación pontevedrés lanzou este certame para canalizar as emocións dos seus mozos deportistas e premiará a participación co sorteo de material deportivo

Debuxos realizados polos nadadores máis novos do Galaico para participar no seu concurso
Debuxos realizados polos nadadores máis novos do Galaico para participar no seu concurso

Toca quedarse na casa e o aburrimento é un dos grandes problemas do confinamento. Para combater a hiperactividade dos máis pequenos e facilitar a convivencia familiar, o Club Natación Galaico puxo en marcha un divertido concurso de debuxo a través das súas redes sociais pensado para os integrantes máis novos da base.

O certame consiste no envío de debuxos con temática relacionada coa natación. Desde o club suxiren escenas de adestramentos, competicións ou calquera experiencia relacionada con este deporte. Para participar, os pais dos nadadores de categoría  primesa,  benjamín ou alevín só teñen que enviar unha foto destas creacións aos grupos de  Whatsapp do club.

O reto púxose en marcha o 26 de marzo e desde o primeiro día o goteo de obras está a ser incesante. O prazo de presentación de debuxos conclúe este mércores e o gañador, que será elixido por sorteo, recibirá como premio material deportivo do club.

Hai máis dunha vintena de achegas e todas elas poden contemplarse na páxina de Facebook do club. "O obxectivo é dar saída ás emocións de nosos peques", explican desde o conxunto pontevedrés as razóns polas que lanzaron esta exitosa iniciativa.