Por segundo ano consecutivo Denis Suárez, xogador do Fútbol Club Barcelona, participará e dará nome a un campus de verán que se celebrará en Pontevedra.
En concreto, o II Campus de Fútbol Denis Suárez terá lugar entre o 2 e o 7 de xullo nos campos da Xunqueira.
O xogador galego acudiu este martes ao Concello de Pontevedra recentemente concluída a súa tempada para presentar un proxecto similar aos que "yo cuando era pequeño también acudía".
Denis explicou ademais que "cuando visite el campus entrenaré como un niño más", interactuando con todos os participantes.
O campus, dirixido a nenos e nenas de 4 a 14 anos, contará cunha cota de inscrición de 180 euros e pode formalizarse a través da web www.campusdenissuarez.com ou solicitar información no correo pontevedra@campusdessuarez.com.
Pontevedra compartirá protagonismo con outras dúas sedes, na cidade de Vigo e en Salceda de Caselas, localidade natal do futbolista.