O Froiz retoma a competición en Asturias

Pontevedra
09 de agosto 2018

A formación pontevedresa participará durante a fin de semana na Volta a Vetusta, competición marcada por un esixente percorrido no que destaca a ascensión ao alto do Angliru

Equipo do Froiz nunha competición recente
Equipo do Froiz nunha competición recente / Grupo Deportivos Supermercados Froiz

O Grupo Deportivo Supermertcados Froiz volve á competición e faino cun reto de altura, vencer o xa mítico alto do Angliru.

A ascensión a esta cima asturiana será o punto forte da Volta a Vetusta que se disputa durante a fin de semana e na que o equipo pontevedrés aspira a todo.

Serán dúas xornadas que arrincarán o sábado 11 con 121 quilómetros de percorrido con saída en Oviedo e chegada no citado Angliru, porto que se gañou a súa merecida fama na Volta a España.

O domingo pola súa banda a capital asturiana será a protagonista ao ser saída e chegada da etapa con 180 quilómetros e un circuíto urbano cheo de pendentes.

Por parte do  Froiz estarán en Asturias: Guillermo García, Abel Franco, Sergio Vega, Diego Noriega, Carlos Amil, Aitor Bugarín, Miguel Montero, Jesús Pociña e Diego González.