O Froiz e unha vella aspiración, a Copa de España Elite e Sub-23

Pontevedra
11 de marzo 2021

O conxunto alimenticio arrinca este domingo 14 de marzo na Aiztondo Klasika unha nova edición da Copa de España, unha das poucas competicións que aínda se lle resiste

Equipo do Supermercados Froiz
Equipo do Supermercados Froiz / Grupo Deportivo Supermercados Froiz

É un dos poucos retos que lle faltan por conseguir aoSupermercados Froiz, por iso cada ano figura na súa lista de competicións prioritarias.

O conxunto alimenticio vela armas para o seu inminente debut nunha nova edición da Copa de España Elite e Sub-23 de ciclismo en estrada, un certame que tras o aprazamento das súas primeiras citas ten previsto arrincar este domingo 14 de marzo coa XVII Aiztondo Klasika-Memorial Patxi Alkorta no País Vasco.

Por diante 11 probas puntuables ata o 11 de xullo, na que o G.P de Primavera Ontur pechará o calendario.

Na Aiztondo Klasika, con 146 quilómetros, participarán 25 equipos e 175 ciclistas cun esixente percorrido polo val de Aiztondo onde se sucederán subidas a Larraitz (4,4km. ao 4,6%), Altzo (2,2 km. ao 7,1%), Alkiza (4,4 km. ao 5,7%), Aduna (0,8 km. ao 8,1%) ou Zizurkil (1km. ao 10,2%).

Defenderán ao Froiz nesta carreira: Nicolás Antorena, Pablo Alonso, Diego Martín Lázaro, Santiago Cadavid, Juan Diego Cano, Ramón Fernández e Miguel Mera.

Será só a segunda carreira na tempada para un Froiz que aspira este curso para manterse entre os mellores equipos do pelotón nacional.