A directiva do Arxil ultima estes días a composición do seu equipo filial, ao Arxil Mafari Café, que competirá esta emporada na Primeira Autonómica.
O club espera que o equipo poida pelexar polos postos de honra da categoría, co salto a Primeira Nacional en mente, á vez que segue nutrindo de xogadoras ao primeiro equipo.
Ata sete baixas con respecto á pasada tempada conta o equipo, entre xogadoras que cambian de equipo ou problemas de estudos.
Polo momento o segundo equipo verde conta nas súas filas con Jara Tuda, Natalia Soage, Aldara Vázquez, Yaiza Serrapio, Cristina Díaz, Andrea Carrera e Noa Casalderrey. Ademais contan con reter a Noelia Rosales e buscaranse "dúas ou tres incorporacións", segundo sinalan desde a entidade pontevedresa.
O plantel completarase con dúas prazas para xogadoras junior para seguir dando oportunidade á base, tendo en conta ademais que o Arxil conta este curso con 24 fichas desta categoría.
A liga para o Mafari comezará o 27 de novembro ante o Seis do Nadal. Antes, a Copa Galicia que arrincará o 2 de outubro servirá de pretempada para o equipo adestrado por Lino Vázquez.