O Club Ciclista Farto conseguiu facerse cun terceiro posto na súa primeira carreira como equipo profesional UCI Continental. O equipo debutou no pódium con Agnieta Francke, unha das súas últimas incorporacións. A sprinter holandesa do conxunto pontevedrés logrou a terceira praza no Memorial José Antonio Urdaniz en Navarra.
A carreira contaba cunha participación de alto nivel, coa presencia maioritaria dos mellores equipos nacionais. O pelotón élite o integraban 105 participantes, mentres que o xuvenil estaba composto por 75.
Aínda que as condicións climáticas foron moi duras, xa que a choiva estivo presente en toda a competición, así como o vento e as baixas temperaturas, non alonxou aos atletas do club pontevedrés de alcanzar a súa terceira posición. Sumado a un percorrido sinuoso co Alto de Olaberri como principal perigo, un grupo de oito ciclistas escapouse nos primeiros 15km, no que estaba Francke.
O grupo abriu oco con respecto ao pelotón principal e foi capaz de manter a diferencia ata a meta, disputándose a victoria ao sprint.
Agnieta Francke declara estar "contenta, aínda que con un puntito de pena porque se me escapara a victoria por moi pouco. Lancei o sprint moi tarde e en meta non me deu tempo a rematar", pero mantén a positividade e asegura que "aínda así, empeza o ano cun pódium é moi motivador".
"A consigna era protexer a Francke durante a carreira para chegar ao sprint, pero díxenlle que estivera pendente das ciclistas fortes, porque se podía facer un corte cara meta. Ao final así foi, e Agnieta colouse na escapada boa’, explica o director deportivo, Brais Dacal. Francke tamén gañou a clasificación da montaña ao pasar primera polo único porto puntual.
A parte negativa para o conxunto galego veu cunha gran caída no principio da carreira, na que se viron involucradas Diana Pedrosa, Garazi Korta e Sara Bonillo. As tres ciclistas víronse forzadas a abandoar polo forte golpe. Sandra Moral e Pilar Jiménez remataron co grupo principal.
Aínda así, Brais Dacal afirma estar "contentísimo con este inicio de ano na nova categoría. Demostramos desde o primeiro día que vimos moi en serio e que este equipo dará moito de que falar".
Tras este inicio exitoso, a próxima cita para o equipo galego será a Copa de España de Noja e a Volta CV de categoría profesional, "probas que se adaptan tamén ás condicións de Agnieta e nas que esperamos seguir destacando", conclúe Dacal.