O extremo Marcos Barbeiro reforza o ataque do Pontevedra

Pontevedra
18 de xullo 2023

O atacante de 27 anos procede do Real SC portugués, que milita na cuarta categoría do país luso, e é internacional coa selección de San Tomé e Príncipe, un achipiélago situado no golfo de Guinea

Marcos Barbeiro, coa camiseta do Real Sport Clube
Marcos Barbeiro, coa camiseta do Real Sport Clube / Real Sport Clube

O Pontevedra xa ten a súa fichaxe exótica de cada tempada. O club granate aposta por Marcos Barbeiro, extremo dereito de 27 anos procedente do Real SC, que o pasado curso militou na terceira categoría do fútbol portugués, e internacional coa selección africana de San Tomé e Príncipe.

O atacante desenvólvese principalmente no posto de extremo dereito, pero pode actuar tamén pola outra banda como no posto de lateral dereito en caso de necesidade.

Chegou ao país veciño na tempada 2013/2014 procedente do Praia Cruz do seu Santo Tomé e Príncipe Natal, un arquipélago do golfo de Guinea. O Real SC foi o club que o fichou, pero comezou xogando na canteira do Sporting de Portugal. 

Ao ano seguinte foi traspasado ao Marítimo, no que permaneceu tres tempadas e co que chegou a debutar na primeira divisón portuguesa, trinta minutos repartidos en catro partidos.

De aí foi cedido ao equipo que lle abriu as portas de Europa, o Real SC, na tempada 2017/2018 para comeptir en segunda división.

Ao finalizar a campaña, regresou ao Marítimo para fichar de forma definitiva un ano máis tarde polo Real SC, no que permaneceu ata esta tempada na que o equipo caeu á cuarta categoría. 

Ao longo da súa traxectoria en Portugal, Barbeiro disputou un total de 101 partidos, a maioría deles na segunda división logrando un total de 7 goles.

Marcos Barbeiro chega a Pasarón para ocupar o lugar de Oier Calvillo, que rescindiu o seu contrato co Pontevedra este mesmo martes. Coa súa chegada, o conxunto adestrado por Yago Iglesias ten aínda unha ficha sénior e catro sub 23 sen ocupar, á espera de como se resolverá a situación de Libasse Gueye.