A Sociedad Deportiva Teucro confirmou á que é a súa sétima fichaxe estival, dentro da profunda renovación iniciada tras o seu descenso á División de Honra Prata.
O último, polo momento, en chegar é Lucas Abadía, extremo dereito oscense de 24 anos que chega procedente do San José Obrero de Lanzarote, co que militou a pasada campaña na Primeira Nacional.
Lucas, formado nas canteiras do Huesca e o Barcelona e con experiencia na Liga Asobal no club da súa cidade, foi autor a pasada campaña de 100 goles en 28 partidos.
"É un extremo moi potente, cun gran tren inferior, rapidísimo e ademais un excelente finalizador", explicou sobre el o seu novo adestrador Luís Montes.
Abadía asina co cadro teucrista por unha tempada e súmase así a un plantel ao que chegaron como fichaxes Eduardo Salazar, Andrés Torres, Nemanja Bojicic, Ferrán Cisneros, Christopher Corneil e Federico Wermbter e na que continúan Vicente Poveda, Andrés Moyano, Domingo Luís e Samu Pereiro.