O exgranate Mejía atopa acomodo no Leviadakos da segunda división de Grecia

Pontevedra
16 de xaneiro 2020

O mediocentro hondureño abandonou o Pontevedra este mércores despois de alcanzar un acordo co club para rescindir o seu contrato

Partido entre Coruxo e Pontevedra no Vao
Partido entre Coruxo e Pontevedra no Vao / Diego Torrado

O ex-xogador do Pontevedra CF, Alfredo Mejía, xa ten novo equipo. O mediocentro hondureño acaba de asinar polo Leviadakos, da segunda división grega, 24 horas despois de alcanzar un acordo para rescindir o seu contrato co conxunto granate, co que asinara o pasado mes de agosto.

O futbolista foi presentado este xoves co seu novo club. Será a terceira experiencia do internacional por Honduras no país heleno, xa que o xogador defendera antes de recalar en Pasarón as cores do Panthrankiko e o Xanthi.

Mentres tanto, a dirección deportiva do Pontevedra continúa peiteando o mercado en busca de diferentes perfís de futbolistas para reforzar o equipo. O corpo técnico granate terá que afrontar o decisivo partido do próximo domingo con só dous mediocentros puros dispoñibles. A marcha de Mejía e a lesión de Berrocal deixan a Sana N' Diaye e a Álex Fernández como os únicos especialistas do primeiro equipo no persoal.