O Club Cisne Balonmán afíxose a medirse ás mellores canteiras do país, co máxico recordo do incrible título nacional conseguido no ano 2021.
Dous anos despois daquela xesta o equipo xuvenil do Cisne volve á carga nun Campionato de España, comezando cun sector nacional que lle levará nesta ocasión ata o País Vasco.
Segundo confirmou a Real Federación Española de Balonmán, o conxunto pontevedrés quedou encadrado no Sector C do Campionato de España que se disputará en Zarautz. Os seus rivais serán o Zarautz ZKE, o Granollers Sporting e o BM Sinfín.
A @RFEBalonmano deu hoxe a coñecer, os sectores do campionato estatar xuvenil masculino
— Federación Galega Balonmán (@fgabalonman) April 26, 2023
O @balonmanluceros será o organizador do sector A, mentres que o @ClubCisneBalonm viaxará ata Zarautz para desputar o sector C
Nas imaxes os grupos de competición
Moita sorte pic.twitter.com/82ZYkRjDDv
Só oito dos 32 equipos clasificados para esta fase do Campionato de España pasarán á fase final, programada do 17 ao 21 de maio de 2023
A competición previa disputarase pola súa banda do 5 ao 7 de maio, onde só o campión de grupo logrará billete para pelexar polo título nacional.