O Club Deportivo La Peña celebra o fito conseguido polo seu equipo infantil feminino no Campionato de España de Fútbol Sala.
O equipo marinense coouse entre os catro mellores de España ao conseguir o pase á fase final do campionato nacional. Fíxoo tras impoñerse en Navalcarnero na fase previa do torneo.
La Peña enfrontouse ao FSF César Augusta de Aragón, a quen venceu por 2 goles a 0, e a Futsi Atlético Navalcarnero, cun empate a 0 pero conseguindo gañar a quenda de penaltis por 3-0 para amarrar o primeiro posto.
Agora o conxunto marinense afrontará o 15 e 16 de xuño unha ilusionante fase final do Campionato de España, estando a dous partidos dun título que sería histórico para a entidade e para o fútbol sala de base marinense. Os seus rivais serán o Futsal Alcantarilla de Murcia, CDE Muslera de Cantabria e Futsi Atlético Navalcarnero.
O equipo infantil de La Peña, adestrado por Javi Pumar e Lorena Núñez, está composto por Iria Argibay, Aylen Belliard, Nerea Cousiño, Alba Crespo, Antía Dasilva, Lía Garrido, Noa González, Estrella Jiménez, Valeria Pazos, Noa Pazos, Aitana Reboredo e Alba Salgado.