O desconto deixa ao Arosa co mel nos beizos (2-2)

O Salnés
22 de setembro 2019

Partido de poder a poder na Lomba entre un Arosa irregular no seu arranque ligueiro e un Silva imbatido, cunha vitoria e tres empates no seu marcador. Ao final ambos mantiveron traxectoria, os locais na súa irregularidade e os coruñeses no seu abono ao empate, sumando a súa cuarta igualada cun gol no desconto

Partido de liga entre o Arosa e o Estradense na Lomba
Partido de liga entre o Arosa e o Estradense na Lomba /

Partido de poder a poder na Lomba entre un Arosa irregular no seu arranque ligueiro e un Silva imbatido, cunha vitoria e tres empates no seu marcador. Ao final ambos mantiveron traxectoria, os locais na súa irregularidade e os coruñeses no seu abono ao empate, sumando a súa cuarta igualada cun gol no desconto.

A igualdade de forzas quedou claramente reflectida nunha primeira parte na que empezou mellor o cadro coruñés, ata que os de Rafa Sáez conseguiron sacudirse o dominio e empezar a asomarse a zona de perigo.

Esa igualdade traduciuse en escasas oportunidades de perigo serio, sendo a mellor unha volea de Jorge Sáez, desde a frontal da área, que saíu alta.

Pero cando parecía que o marcador non se movería ata o descanso, a falta de tres minutos Raúl Martiñán aproveitou un balón solto no bordo da área para adiantar ao conxunto arlequinado.

Co marcador a favor, os comezos da segunda parte permitiron ver a un Arosa mellor, que puido ampliar a conta en dous remates de Raúl. O primeiro, de espuela, marchouse fóra, mentres que no segundo o dianteiro local, tras unha gran xogada de Pedro Beda, non logrou superar ao meta visitante, Damián Seijoso.

Pero cando mellor estaba o Arosa, chegou o tanto do empate, nun maxistral lanzamento de falta desde a frontal que Marcos Gómez colocou na mesma escuadra.

Ferido, o Arosa foise arriba con todo. Puido marcar Adrián tras outra boa acción de Pedro Beda. Evitouno Damián Seijoso. Tívoa tamén o propio Pedro Beda, pero o seu disparo marchouse preto do pau. Ata que aos 88 minutos os locais lograban o seu obxectivo ao rematar Suso un corner lanzado por Manu.

Parecía que estaba resolvido, pero a alegría duroulle pouco aos de Rafa Sáez, que nuns minutos tolos non souberon pechar o partido, o que permitiu o Silva empatar no minuto 92 ao aproveitar Joni Fila un balón rexeitado polo traveseiro.

Consulta a acta do partido Arosa-Silva nesta ligazón.