O Club Waterpolo Pontevedra xa coñece o seu calendario provisional e os seus rivais para a primeira fase da Primeira División Nacional Feminina de Waterpolo 2024/25.
Esta será a terceira tempada na que o club compita na categoría nacional.
Nesta nova tempada, o CW Pontevedra enfrontarase novamente a equipos coñecidos de anos anteriores, incluíndo aos cataláns Vallirana, Molins de Rei e Horta, o valenciano Turia e o vasco Leioa.
Ademais, incorpóranse dous novos rivais madrileños: Colegio Brains e o ascendido Rivas.
A competición dará comezo o 12 de outubro, co CW Pontevedra visitando ao CN Vallirana.
A segunda xornada xogarase en Pontevedra o 19 de outubro, onde o equipo local recibirá ao CN Molins de Rei.
A directiva e o corpo técnico do CW Pontevedra pasaron varios meses elaborando o plantel para afrontar a competición nacional nesta novo curso co gran obxectivo de tentar evitar a tensión das xoirnadas finais da anterior tempada cando certificoou a permanencia no penúltimo encontro ao derrotar ao Escola de Waterpola de Zaragoza.