Dous equipos do Club Waterpolo Pontevedra participaban no campionato de Waterpolo Castrelo de Miño durante a fin de semana.
Este torneo, organizado polo CW Pavillón Ourense, é unha cita anual de peche de tempada no que se combina un ambiente lúdico e deportivo.
O CW Pontevedra cos equipos CW Pontevedra Aceituneros e o CW Pontevedra Rápidos de Bouzas lograban meterse nas finais e levar os trofeos.
Neste evento coinciden xogadores actuais con ex xogadores, adestradores e árbitros.
O acto contou coa presenza de xogadoras do equipo de Primeira Nacional: Uxía Ferreira, Irene Esteban, Rocío Ferreira e Iria Amoedo,
Tamén acudían xogadores do equipo absoluto masculino: Mauro Rivas, José Enrique Fernández, Martín Parrado, Sergio Bouzas e Xoel Tubío, os ex xogadores: Víctor Vidal, Jonás Abad, José Augado e Sergio Gómez, o adestrador Iago Carabelos, e ambos os equipos contando coa presenza dos xogadores de ligas nacionais Diego Touriño e Alex Andión, todos canteiráns do CW Pontevedra.