O CW Pontevedra busca reencontrarse coa vitoria despois de romper a pasada fin de semana un espectacular refacho de vitorias na súa visita ao Iruña. Este sábado, as pontevedresas disputan un novo partido de Primeira Nacional contra as catalás do CN Vallirana na piscina da Escola Naval Militar de Marín.
Como todos os partidos da fase polo ascenso que disputan as lerezanas, non será un duelo fácil pola experiencia que atesouran as xogadoras do equipo catalán.
O partido dará comezo ás 17 horas con entrada gratuíta á piscina da Escola Naval Militar pero coa obrigación de inscribirse previamente. "Animamos como sempre a asistir á piscina para animar ao noso equipo e gozar desta tempada histórica na que un equipo galego feminino xoga por primeira vez en competición Nacional de waterpolo", sosteñen desde o club.