O CW Pontevedra, a pola quinta vitoria consecutiva na piscina do pechacancelas

Pontevedra
10 de febreiro 2023

Unha vitoria do equipo pontevedrés aseguraría a súa permanencia na Primeira División Nacional e clasificaríaas para o grupo que loitará polo ascenso a División de Honra na segunda fase da competición

Primeiro equipo feminino do CW Pontevedra
Primeiro equipo feminino do CW Pontevedra / Club Waterpolo Pontevedra

O Club Waterpolo Pontevedra desprázase esta fin de semana a Fuengirola (Piscina Municipal David Meca), para medirse ao Club Waterpolo Marbella, último clasificado, na penúltima xornada da primeira fase da Primeira División Nacional.

Con catro vitorias consecutivas e a permanencia na segunda máxima categoría do waterpolo nacional case no peto, as de Kike García tratarán de sumar o seu quinto triunfo seguido que lles permita pelexar ata a última xornada co Leioa polo terceiro posto do grupo A.

Con todo, o rival non o poñerá fácil. O cadro andaluz logrou a pasada semana a súa primeira vitoria na competición e atesoura un plantel con sobrada experiencia na categoría e con capacidade para plantar cara ás debutantes pontevedresas.

En caso de lograr unha vitoria, o equipo pontevedrés clasificaríase matematicamente para xogar a segunda fase da competición no grupo que loite polo ascenso.

O partido previsto para as 16.30 horas poderase ver en directo por streaming a través da páxina de Facebook do Club Waterpolo Marbella.