O Concello promove reunións veciñais para explicar o dispositivo previsto durante o Tríatlon

Pontevedra
09 de setembro 2023

Para xerar o menor número de molestas á veciñanza durante a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon, o Concello promoverá unha serie de reunións coa veciñanza dos puntos máis afectados polas restricións e limitacións contempladas no dispositivo especial de tráfico  

Dispositivo especial de tráfico e mobilidade durante a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon
Dispositivo especial de tráfico e mobilidade durante a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon / Concello de Pontevedra

Para xerar o menor número de molestas á veciñanza durante a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon, o Concello promoverá unha serie de reunións coa veciñanza dos puntos máis afectados polas restricións e limitacións contempladas no dispositivo especial de tráfico.

A primeira será o vindeiro martes 12 de setembro ás 20:00 horas no salón de actos da sede da Cruz Vermella, na rúa do Padre Gaite. Na reunión están convidados todos os veciños e veciñas da contorna do CGTD.

Ao día seguinte a mesma hora, a reunión será nun espazo dentro dun dos edificios xa concretado coa Policía Local e notificado no lugar. Esta será para a veciñanza que vive nos edificios construídos sobre o terreo da antiga Tafisa.

Desde o Concello indican que, ao longo dos vindeiros días, serán axendadas xuntanzas cos veciños e veciñas de Cerponzóns, Alba e Lérez.

Ademais, lembran que para obter información concreta e personalizada sobre a operatividade viaria da cidade está dispoñible o teléfono 986 833 080.

A concelleira de Deportes, Anabel Gulías, que asistirá a estas xuntanzas, recorda que a colaboración cidadá "é imprescindíble á hora de poder realizar eventos deste tipo na cidade. Agradecemos e estamos orgullosas da relación que a veciñanza mantén con este tipo de citas, amosando sempre comprensión e interese para que poidan ser levadas a cabo", sinala.