Pontevedra contará, desde este ano, cun torneo internacional de tenis absoluto de categoría masculina.
Tras dous anos organizando o Internacional U14, o Club de Tenis Pontevedra dá un paso máis asumindo a organización dun evento ITF masculino de categoría M15, o primeiro escalafón do circuíto profesional.
O primeiro Torneo Internacional M15 Pontevedra Internacional Open disputarase nas instalacións da Caeira do 6 ao 13 de outubro.
Segundo figura na páxina web da Federación Internacional de Tenis (ITF), trátase dunha competición en pista dura.
Contará cunha fase previa de 32 tenistas e cadro final individual ao que accederá a mesma cifra de deportistas, ademais dun cadro de dobres con 16 participantes.