As instalacións do Club de Tenis Pontevedra na Caeira serán escenario desde este domingo 6 de outubro do primeiro Torneo Internacional M15 Pontevedra Internacional Open, unha competición que supón o "inicio del circuito profesional" masculino.
Así o destacou na presentación do evento, celebrada na Deputación de Pontevedra, o seu director, Tozé Pinto, recoñecendo que "para nosotros es un orgullo enorme, porque es el primer torneo profesional para esta ciudad".
"El nivel es alto, el número 1 del cuadro es el 314 de la ATP, y tenemos varios jugadores Top-500", destacou sobre todo en referencia ao tenista sirio Hazem Naw, principal favorito. Tamén estará en Pontevedra o grego Pavlos Tsitsipas, irmán menor do actual número 12 do ranking mundial.
A competición, fixada en pista dura pero que no caso de choiva seguirá adiante nas pistas cubertas de terra batida coas que conta o club pontevedrés, arrincará o domingo 6 cunha fase previa de 32 tenistas, mentres que a fase final dará comezo o día 8. A gran final pola súa banda disputarase o domingo 13 de outubro.
O Club de Tenis Pontevedra aproveitará ademais o torneo para promocionarse entre os mozos e mozas, xa que "van a venir durante las mañanas 500 alumnos de colegios de Pontevedra para darles a conocer este deporte", destacou Teresa Lafuente.