O tenis internacional de base regresa este ano a Pontevedra, e faino de man do Club de Tenis Pontevedra, que toma a testemuña do exinto ITF Júnior que se celebraba no Casino Mercantil.
Non será nesa categoría, senón para as idades de ata 14 anos, o evento que se prepara o Club de Tenis nas súas instalacións da Caeira.
A primeira edición Pontevedra Internacional Junior U14 terá lugar do 18 ao 24 de setembro, a semana posterior a un torneo similar que se celebrará na Coruña.
Ambos os dous eventos serán de Categoría 3, un primeiro paso dentro do circuíto internacional.
Este novo evento complementa a oferta na comarca do Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo, unha das sedes con maior tradición de torneos internacionais de base e que ten axendadas este ano novas edicións do seu Torneo Internacional Sub-16 (28 de agosto ao 3 de setembro) e do ITF Júnior (16 ao 22 de outubro), ambos os dous de Categoría 1.