O Club de Remo Ría de Marín consigue sete medallas no Campionato Galego

Marín
16 de xuño 2024

O Club de Remo Ría de Marín participou esta fin de semana no Campionato Galego de pista en Castrelo de Miño. Alí, o grupo marinense competiu con 16 remeiros en nove tripulacións, acadando un total sete medallas: dous ouros, tres pratas e dous bronces

Adrián Pazos, bronce absoluto
Adrián Pazos, bronce absoluto / Club de Remo Ría de Marín

O Club de Remo Ría de Marín participou esta fin de semana no Campionato Galego de pista en Castrelo de Miño.

Alí, o grupo marinense competiu con 16 remeiros en nove tripulacións, acadando un total sete medallas: dous ouros, tres pratas e dous bronces.

Os cadetes Anxo Blanco e Xairo Rivadulla proclamáronse campións galegos en 2- masculino; Xián Gutiérrez, subcampión galego en skiff masculino; e Gonzalo Pesqueira, Rodrigo Luengo, Hugo Rosales, Hugo González e Mauro Fernández, subcampións galegos en 4+ masculino.

No caso das remeiras xuvenís, Niobe Barreiro colgou o metal dorado en skiff e Saioa Iglesias, o bronce, mentres que Breogán Fariña fíxose coa prata en skiff masculino e Damián Otero quedou ás portas do podio cun cuarto posto.

Por último, Adrián Pazos levou bronce en categoría absoluta skiff masculina e Pilar Vázquez foi cuarta na carreira feminina.

Con este campionato, o Club de Remo Ría de Marín pon fin ás competicións autonómicas e xa pensa no Campionato de España que se celebrará en Sevilla a próxima semana.