O Ciudad de Pontevedra gaña a XXVIII Baixada do Umia

O Salnés
14 de agosto 2022

O EP Ciudad de Pontevedra proclamouse campión da 28 edición da Baixada do Umia, proba que se disputou en modalidade e K1, C1, K2 e C2 na que os participantes tiveron que superar os 10 quilómetros de percorrido proposto pola organización para este ano

EP Ciudad de Pontevedra na XXVIII Baixada do Umia
EP Ciudad de Pontevedra na XXVIII Baixada do Umia / Federación Galega de Piragüismo

O EP Ciudad de Pontevedra proclamouse campión da 28 edición da Baixada do Umia, proba que se disputou en modalidade e K1, C1, K2 e C2 na que os participantes tiveron que superar os 10 quilómetros de percorrido proposto pola organización para este ano.

A vitoria na clasificación por equipos foi para o conxunto pontevedrés con 1594 puntos, por diante do portugués Náutico Prado (1423 puntos) e do Piragüismo Cidade de Lugo (1324 puntos).

Pola súa banda, a nivel individual destacou a vitoria en K1 sénior de Antonio Palmas do Piragüismo Vilaboa, que foi o primeiro en cruzar a liña de meta de Cabanelas. En segundo lugar chegou Alberto Pigueiras do Piragüismo Viveiro e terceiro Hugo Barros do Náutico de Prado.

Amaia Ousaba do Piragüismo Pamplona fíxose coa medalla de ouro en muller sénior,María Gomes do Náutico Prado foi prata e Marta Mourelos do Breogán foi bronce.

Na modalidade de canoa a vitoria foi para Jaime Duro do E.P. Ciudad de Pontevedra, mentres que a segunda praza do podio foi para Francisco Rocha do Ría de Betanzos e o terceiro foi para Marco Oliveira do Náutico Prado.

En categoría feminina, o ouro levoullo Antía Otero do E.P. Ciudad de Pontevedra, por diante de Daniela Braga do Náutico Prado e da súa compañeira de equipo María de la Peña.

Finalmente, a embarcación do Fluvial Vilacondense de Henrique Oliveira xunto co seu compañeiro Rodrigo Ferreira foron os primeiros en cruzar a liña de meta en kaiak sénior por diante da parella do Naútico Firrete composta por Santiago Cruz e Antonio Rey. En terceira posición cruzou métea a dupla do Piragüismo Verducido formada por Alejandro Prego e Joaquín Iglesias.

Na categoría sénior feminina as irmás Lucía e Raquel Da Costa do Piragüismo Rías Baixas lograron a medalla de ouro, a medalla de prata colgáronlla Araceli Menduíña xunto a Cintia Sotelo do Ría de Aldán, e a de bronce foi para a piragua do As Torres Romería Vikinga formada por Ángela Baulde e Marta Guimarey.