O Cisne segue planificando o seu futuro con novas renovacións.
Tras anunciar que Jabato seguirá á fronte do equipo por dúas tempadas máis, e coa vista posta na próxima campaña na que competirán na máxima categoría do balonmán español, o conxunto branco revelou este sábado a renovación dunha das súas pezas importantes, o lateral esquerdo Álvaro Preciado.
O canteirán, integrante dos Hispanos Junior, está "muy contento" coa decisión que tomou o club do que leva vestindo a súa camiseta desde a infancia.
"Mi primera opción siempre ha sido continuar" asegura Preciado, que espera que o ano que vén "la gente disfrute lo máximo posible del balonmano de élite nacional".