O Cisne recibe ao Academia Octavio no XIX Memorial Manuel Luaces

Pontevedra
11 de xaneiro 2013

O partido, que recorda ao ex xogador, adestrador, directivo e médico do clube pontevedrés dispútase este sábado (20:00 horas) no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

O Academia Octavio de Liga Asobal será o rival do Club Cisne Balonmano na XIX edición do Memorial Manuel Luaces.

O partido, que se disputa este sábado (20:00 horas) no pabellón do Centro Galego de Tecnificación, pretende render homenaxe a unha das figuras que máis fixo pola entidade pontevedresa en toda a súa historia.

Manuel Luaces chegou a ser xogador, adestrador, directivo e ata médico do Cisne.