O Cisne organiza unha viaxe para que os seus afeccionados acudan á fase de ascenso

Pontevedra
20 de maio 2024

O autobús organizado polo equipo pontevedrés incluirá unha camiseta conmemorativa do play-off. Partirá rumbo a Burgos ás 8.00 horas do próximo sábado 25 de maio

Partido de liga entre Cisne e Bm Guadalajara no Municipal
Partido de liga entre Cisne e Bm Guadalajara no Municipal / Cristina Saiz

Facilitar o desprazamento dos seus afeccionados á fase de ascenso á Liga Asobal é o obxectivo do Club Cisne Balonmán.

A entidade pontevedresa púxose ao choio para conseguir estar apoiado nas bancadas do pavillón do Plantío, en Burgos, confirmado a organización dunha viaxe en autocar.

Este desprazamento, que sairá adiante se se completan o 80% das prazas dispoñibles, ten prevista a súa saída ás 8.00 horas do próximo sábado 25 de maio desde o Pavillón Municipal dos Deportes. Desta forma poderá chegar con marxe para presenciar a semifinal que medirá ao Cisne e ao UBU San Pablo Burgos (18.00 horas) así como o seguinte encontro entre Caserío Ciudad Real e Villa de Aranda (20.15 horas).

A cea e o aloxamento non se inclúe na promoción, pero si as entradas para todos os partidos da fase de ascenso, incluída a final do domingo ás 12.00 horas.

O custo do autobús e entradas fixouse en 80 euros, e inclúe o agasallo dunha camiseta conmemorativa do play-off. 

As reservas deben efectuarse a través do correo electrónico [email protected].