O Cisne desprazouse este mércores a Nigrán para disputar o Trofeo Concello de Nigrán fronte ao Atlético Novás, nun duelo no que os brancos se fixeron coa copa.
Os de Javier Márquez foron superiores ao seu rival e empregaron este torneo amigable para dar minutos aos xogadores menos utilizados e os que teñen menos ritmo de competición.
O duelo, que fora aprazado a esta data, decantouse ao lado pontevedrés por un avultado 21 a 30.
Desde o Cisne destacan o compromiso da entidade cos clubs da contorna e agradecen a participación do Novás no torneo amigable que organizou o equipo pontevedrés en Nadal coa asistencia ao campionato que organiza o Novás.