O Cisne faise co Torneo Peregrina

Pontevedra
19 de agosto 2023

A pretempada do Club Cisne Balonmán continuou este venres no Pavillón Municipal dos Deportes co Torneo Peregrina, un triangular con partidos de 40 minutos de duración no que estiveron presentes, ademais dos pontevedreses, o Ademar León da Liga Asobal e o Unión Financeira Oviedo de División de Honra Prata  

Partido entre Cisne e Ademar León do Torneo Peregrina
Partido entre Cisne e Ademar León do Torneo Peregrina / Mónica Patxot

A pretempada do Club Cisne Balonmán continuou este venres no Pavillón Municipal dos Deportes co Torneo Peregrina, un triangular con partidos de 40 minutos de duración no que estiveron presentes, ademais dos pontevedreses, o Ademar León da Liga Asobal e o Unión Financeira Oviedo de División de Honra Prata.

O torneo arrincou ás 19:00 horas co partido entre os de Jabato e os asturianos, gañando o cadro local por un axustado 23-21.

Despois chegou a quenda do León contra o Oviedo no que foi o regreso a casa do extremo Carlos Álvarez e do porteiro Killian Ramírez. O encontro saldouse con vitoria para os de Asobal por 19-21.

Por último celebrouse o partido estrela entre Cisne e Ademar León con claro dominio para os brancos, que levaron o triunfo por 18-14 e, con iso, o Torneo Peregrina. Este último enfrenamiento tivo que finalizarse 5 minutos antes pola humidade da pista.