No día da presentación dos equipos basee, o Cisne recibiu no Centro Galego de Tecnificación Deportiva ao Zarautz para disputar o partido pertencente á xornada 13 da División de Honra Prata.
Os de Jabato chegaron á cita coa intención de seguir prolongando o seu bo momento na categoría, e por iso empezaron o partido mandando no marcador cun contundente 4-0 que xa deixaba ver o que ía suceder.
O Zarautz buscaba facer dano con ataques rápidos e parecía que espertaba despois de enviar á rede catro balóns que reducían a distancia en dous goles (6-4) cando se cumprían o primeiros dez minutos de partido.
O ritmo marcábano os locais, que optaban por ataques posicionales para abrir espazos e facer dano cos lanzamentos de Andrés Sánchez. O Cisne atopábase cómodo vendo como os lanzamentos do seu rival estrelábanse contra Villamarín e lograban unha vantaxe de seis goles, máxima ata o momento (12-6).
Chegábase á recta final da primeira metade e o dominio dos brancos era claro. O Zarautz precipitábase nos pases e nos lanzamentos, erros que souberon aproveitar os de Pontevedra para chegar ao descanso cun claro 17-10 que lles deixaba o partido practicamente sentenciado.
A segunda parte seguiu a mesma tónica que a primeira. Os de Jabato dominaron e aumentaron a barreira ata os oito goles, momento no que o técnico do Zarautz pediu tempo morto para tentar maquillar o resultado pero nada puideron facer xa que os seus lanzamentos seguíanse atopando con Villamarín e a desvantaxe ampliaba cada vez máis (27-14).
De novo os visitantes pedían tempo morto e conseguían reducir a diferenza a 10 goles cando quedaban 13 minutos para que o partido concluíse. O Cisne estaba tranquilo e aproveitaba os seus ataques deixando que o cronómetro correse para chegar ao final do encontro cun contundente 33-22.
Consulta as estatísticas do partido Cisne-Zarautz na seguinte ligazón.