O Cisne e Javier Márquez reencóntranse este sábado

Pontevedra
17 de novembro 2023

O Club Cisne Balonmano e o seu ex adestrador Javier Márquez cruzarán os seus camiños este sábado na que será unha nova "saída complicada" para os brancos, que visitan a partir das 19:00 horas ao Villa de Aranda en "un dos pavillóns que máis apertan"  

Partido de liga entre Cisne e Trops Málaga no Municipal
Partido de liga entre Cisne e Trops Málaga no Municipal / Cristina Saiz

O Club Cisne Balonmano e o seu ex adestrador Javier Márquez cruzarán os seus camiños este sábado na que será unha nova "saída complicada" para os brancos, que visitan a partir das 19:00 horas ao Villa de Aranda en "un dos pavillóns que máis apertan".

Segundo explicou o segundo adestrador cisneísta Quiños, os de Burgos fixeron moito cambios no seu plantel e, aínda que non empezaron a tempada como lles gustase, a dinámica dos últimos encontros é boa, con tres vitorias do últimos catro partidos e contra equipos importantes.

Destaca o técnico a boa portería do Vlila de Aranda con Pau Guitart e Magnol Suárez, os pivotes como ex do Cisne Dani Virulegio, "un grandísimo extremo" como Mejías, o veterano Pinillos e o poder de lanzamento de Ivanov e Dalmau Huix.

Ademais, pon especial atención no seu defensa "6-0 pechada, que nos vai a custar moito superar" e espera "facer un bo partido na dinámica do outro día para traer os puntos a casa".