O Club Cisne Balonmán pechou a súa participación na División de Honra Prata cunha derrota na pista dun dos equipos que xogará o play-off de ascenso, o Balonmano Zamora (26-18).
Os pontevedreses non se xogaban nada na última xornada da liga regular e, aínda que tampouco o cadro local, este si se mostrou máis embicioso e intenso e dominou o xogo desde o inicio.
Só no 0-1, obra de Adrián Menduiña, estivo o Cisne por diante no marcador. Pronto, cun parcial de 3-0 o Zamora tomaba a dianteira e a pesar da resistencia inicial dos de Jabato foi aumentando a distancia.
O técnico cineísta viuse obrigado a pedir tempo morto no minuto 15 (8-4) porque empezaba a escaparse o partido, pero non encontro reacción dos seus e os locais continuaron abrindo brecha. Nin unha exclusión de Marc Abalos serviu para recortar distancias, xa que os zamoranos marcaron entón a máxima momentánea do encontro (15-7) antes do descanso, aínda que un gol de Menduiña deixou en 7 goles a desvantaxe ao descanso.
Saíu mellor o Cisne no segundo acto para, cun parcial de saída de 4-0 ao seu favor, meterse no encontro (15-11). Con todo o Zamora parou a sangría e estabilizou o xogo, cun marcador que oscilaba entre os 4 e os 6 goles de diferenza.
Foi así ata que, a falta de 10 minutos, os locais terminaron de romper o partido (23-15) confirmado unha vitoria que con todo non embaza a boa tempada do Cisne, cumprindo con solvencia o seu obxectivo de lograr a permanencia na categoría.